jueves, 7 de noviembre de 2019


ABRAHAM CUPEIRO



O músico sarrián Abraham Cupeiro volve sorprender cunha nova andaina cultural con músicas de mundo e instrumentos de todos os tempos como protagonistas. Tras o éxito do seu traballo Os sons esquecidos -gravado coa Filharmonía de Galicia-, o construtor de instrumentos musicais e multiinstrumentista prepara a gravación do seu segundo disco, Pangea

Cupeiro recupera e constrúe diversos instrumentos e interpreta con eles música antiga e actual, mostrando a gran capacidade comunicadora da música, como linguaxe universal que é. O artista sarrián destaca por ser unha das poucas persoas que toca o karnyx -a gran trompeta celta da Idade de Ferro, construída en bronce, suspendida verticalmente e coa campá en forma de cabeza de xabarín- e por ser impulsor dun instrumento ancestral na tradición galega: a corna. Conta cunha colección de máis de 200 instrumentos de todo o mundo e de distintas épocas.








1 comentario:

  1. Fantastico Poliinstrumentista que busca sonidos olvidados de forma sorprendente

    ResponderEliminar